A Xunta Electoral competente para todas as operacións en relación coa presentación e proclamación de candidatos nas eleccións Xerais é a Xunta Electoral Provincial (artigo 169 Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral)(Abrirase unha nova xanela).
O Secretario ou Secretaria da Xunta Electoral outorgará un número correlativo por orde de presentación a cada candidatura presentada e esta orde conservarase en todas as publicacións (artigo 46.9 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral)(Abrirase unha nova xanela).
Poden presentar candidaturas ou listaxes de candidatos ( artigo 44(Abrirase unha nova xanela) e 169.3 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral(Abrirase unha nova xanela)):
Os partidos, federacións ou coalicións que non obtivesen representación en ningunha das Cámaras na anterior convocatoria de eleccións precisarán da sinatura de, polo menos, o 0,1% dos electores inscritos no censo electoral da circunscrición para a que pretendan ser elixidos.
Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura.
Son elixibles os españois maiores de idade que posúan a calidade de elector e non se atopen incursos nalgunha das causas previstas nos artigos 6(Abrirase unha nova xanela) e 154 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral(Abrirase unha nova xanela).
O prazo de presentación de candidaturas vai do 21 ao 26 de outubro. As candidaturas presentadas publícanse no Boletín Oficial do Estado o día 28 de outubro e as candidaturas proclamadas publícanse o 3 de novembro ( artigos 45(Abrirase unha nova xanela), 47(Abrirase unha nova xanela), 169(Abrirase unha nova xanela) a 171 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral(Abrirase unha nova xanela))
Os partidos e federacións que establezan un pacto de coalición para concorrer conxuntamente a unhas eleccións deben comunicalo á Xunta no prazo de dez días desde a convocatoria (entre o 7 e o 16 de outubro). Instrución 1/2010, do 9 de setembro, da Xunta Electoral Central, sobre aplicación do artigo 44.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral no relativo á constitución de coalicións electorais(Abrirase unha nova xanela).
Nesta comunicación debe facerse constar a denominación da coalición, as normas polas que se regulamenta e as persoas titulares dos seus órganos de dirección e coordinación (artigo 44.2 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral)(Abrirase unha nova xanela).
As agrupacións de electores e electoras son formacións políticas que se constitúen co aval dun número variable de sinaturas de electores e electoras e só e exclusivamente para poder presentar candidatura nun proceso electoral concreto e determinado.
Polo tanto, non teñen vocación de permanencia ou natureza de asociación e non precisan inscribirse no Rexistro de Partidos Políticos.
Cada agrupación de electores e electoras é autónoma e independente de calquera outra. O seu ámbito espacial de actuación é a circunscrición electoral -sen espazo para candidaturas colectivas nin que abrangan máis dunha circunscrición, nin federacións ou coalicións entre elas- e o seu ámbito temporal de vixencia é o proceso electoral concreto para o que se constituíu, sen que poida estenderse máis aló do mesmo.
Para presentar candidaturas ás Eleccións Xerais, as agrupacións de electores precisan, como mínimo, das sinaturas do 1% dos inscritos no censo electoral da circunscrición na que se presente. Ningún elector poderá prestar a súa sinatura a máis dunha candidatura. Artigo 169.3 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral(Abrirase unha nova xanela)
A presentación da candidatura (que se realiza nos formularios(Abrirase unha nova xanela) que se poden descargar desta web) debe ir acompañada da documentación recollida na Instrución da Xunta Electoral Central, do 15 de marzo de 1999(Abrirase unha nova xanela).